mb1sanluisromero.html
Xesús
San Luís Romero naceu en Carballo en 1872. Nesta vila cursou os estudos primarios e, a seguir, púxose a traballar como aprendiz
de zapateiro. Con vinte anos emigrou á Arxentina, onde publicou
os primeiros versos e comezou a representar pezas teatrais entre
a colonia galega de Bos Aires.
No ano 1902 voltou a Galiza.
Estableceu en Santiago de Compostela o seu obradoiro de zapateiro
e retomou a escrita, dando a coñecer en diversos xornais
(nomeadamente no semanario do Centro Republicano) composicións
de ton anticaciquil, no espírito da loita agraria protagonizada
por Solidaridad Gallega e as sociedades agrarias que mobilizaba
a sociedade galega da altura.
San Luís Romero compuxo e estreou
numerosas obras dramáticas, algunhas delas na liña do teatro
social iniciado por Lugrís
Freire, en que se atacaba o poder
asoballador que os caciques exercían sobre a poboación do país.
Porén, o escritor só chegou a ver impreso o drama de axitación
social O fidalgo (1918), a peza de maior éxito no seu
tempo, e o poema A volta do bergantiñán (1928), que
nos presenta a morte dun emigrado no seu regreso á terra de
orixe.
O dramaturgo faleceu en 1966, aos
noventa e catro anos de idade.
|