vb3xoseluna.html
Xosé Luna
Sanmartín (A Estrada, 1965). Lic. En Xeografía e Historia. Mestre e Escritor.
Director de Edicións Fervenza.
Libros:
Narrativa: As cometas da vida (Ed. Fervenza,
1999), O ano das mimosas (Ed. Fervenza, 2000).
Arte: A Estrada Románica (Ed. Fouce, 1999).
Ensaio: Onde o sol facheaba ô amañecer. Vida e
obra de Avelina Valladares Núñez (Ed. Fouce, 2000). Coordinador da
publicación, Manuel Daniel Varela Buxán. O patriarca do teatro galego
(Ed. Seminario de Estudios de Deza).
Teatro: Adaptación e traducción de Gracias Padre
Ramón de Manuel Daniel Varela Buxán (Seminario de Estudios de Deza, 2003).
Edición e unidade didáctica de Ollo cos estudantes de Manuel Bergueiro
López (Ed. Fervenza - A Pinguela Teatro Escolar, nº 7) Edición de ¿Pista
ou Peste? de Varela Buxán (Ed. Fervenza - A Pinguela Teatro Escolar, nº
12).
Poesía: É coautor xunto co artista Manuel Fragoso do
cartafol, A Marcial Valladares (Fundación Cultural da Estrada, 2003). Memorias
do Cairo (Inédito)
Premios:
Roberto Blanco Torres, 1999.
Avelina Valladares, 2003.
Asemade é membro do Consello de Redacción do xornal
Tabeirós Terra e, actualmente, colabora no xornal Faro de Vigo coa súa
sección "Cousiñas".
|