Alfonso Rodríguez Rodríguez


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2minusbalido2.html

     Alfonso Rodríguez Rodríguez, Ourense-1973

     Deseñador gráfico retirado. Prototerrorista gráfico e outras cousiñas máis en activo. Como poeta (ou algo semellante) publicados o libro Subir ao faido, 2004, na editora Positivas, o libro colectivo A Porta verde do sétimo andar, 2007 o libro dixital Oremos de poemas e collages na plataforma A Regueifa, 2007 co pseudónimo de minus-bálido, Azúcar glass, 2009, coeditado con Duendebux e o libro colectivo "18" xunto co Círculo Poético Aberto de Vigo, 2011 amáis de figurar na antoloxía A Cidade na Poesía Galega do século XXI, Toxosoutos, 2012.
     Teño participado en numerosos fanzines, revistas e páxinas web/blog dentro do eido artístico, poético e político.

     Participei en concreto na creación do proxecto de Revista Renderén (http://renderen.blogspot.com) que editou dous monográficos con contidos críticos a nivel sociopolítico nos anos 2008 e 2009.
     Abrín un blog (http://joserodriguezfailde.blogspot.com.es) para rescatar a memoria do meu avó, do mesmo nome, escritor e libreiro represaliado na guerra civil española.

     Xunto coa miña compañeira Adri mantemos viva dende hai moitos anos unha web/mediateca (http://expoplanetarium.net) que engloba unha chea de traballos nosos a nivel pictórico, audio, poético, arte dixital, visual, literario etc

     Tamén temos editados algúns traballos a nivel videocreación en conxunto que se teñen proxectado en distintos lugares.
     E continúo manchando teas, papeis físicos e virtuais de negro, de branco ou de cores na procura da fealdade ás veces e outras da beleza.

 

[Marzo, 2012]

 

 

 

 

 


¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega