Aquilino Iglesia Alvari��o

(1909 - 1961)

 

 
Obras
Biografía
 
Iglesia Alvario.html

     Aquilino Iglesia Alvario naceu no ano 1909 en Seivane, no concello lugus de Abadn. Entrou con catorce anos no Seminario de Mondoedo, onde compuxo a sa primeira obra potica, Seard (1930). Tras abandonar os estudos eclesisticos, estableceuse en Vilagarca de Arousa como profesor do colexio Len XIII, do que se convertera en director e propietario. Porn, Aquilino transladouse a Santiago para cursar Filosofa e Letras, carreira na que se licenciara en 1944. Al entrou en contacto coa intelectualidade galeguista do momento e comezou a participar activamente na vida cultural do pas. As, exerceu como director de A Nosa Terra, fundou Renacencia e a seguir retomou a publicacin lrica. O segundo libro, Corazn ao vento (1933), desligado do modernismo, entronca co franciscanismo do primeiro poemario e brese s correntes vangardistas.
     Aps a guerra civil, Iglesia Alvario compuxo poesa de signo fascista en espaol, mais en 1947 voltou lrica galega, editando Cmaros verdes. Nestes anos a profesin docente levouno a mudar de cidade en varias ocasins. Porn, as sas ocupacins profesionais non impediron que desenvolvese unha intensa actividade noutros campos. Como lingista especializouse no galego popular e redixiu monografas como A lengua dos poetas do Norte de Lugo, que foi o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1949, que s sera publicado quince anos despois. En 1952 retornou a Compostela, onde permanecera at a sa morte, e al foi testemua do abrollar da xeracin literaria das Festas Minervais (mesmo colaborou, con diferentes artigos e traducins para o galego de textos grecolatinos, en La Noche). A madurez e personalidade do seu verso, que nunca chegou a abandonar certo eco imaxinista e neotrobadorista, manifestronse claramente nas seguintes obras: De da a da (1960), Landa de soled (1961) e Nenias (1961).
     Iglesia Alvario, un dos protagonistas da escola paisaxista de Mondoedo, faleceu en Compostela en 1961. Dous anos mis tarde publicouse, baixo o ttulo de Leva o seu cantare, unha coleccin de poesas inditas ou espalladas en diferentes xornais e revistas.

 

logoDeputacin logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega