v1bernardinograna.html
Bernardino Graña (Cangas do
Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura en
secundaria, até a súa xubilación en 1991. Desde ben mozo formou
parte do Consello de Redacción da revista poética Alba.
Participou tamén como articulista en La Noche e no Faro
de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas
publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais
Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da
Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG).
É autor dunha ampla obra que abranxe diferentes xéneros. Da
súa produción poética pódense salientar os seguintes
títulos: Poema do home que quixo vivir (1958), Profecía
do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se
o noso amor e os peixes... (1980, Premio Galicia do concello
de Santiago de Compostela), Sima-Cima do voar tolo
(1984), Himno verde (1992). No referente ao seu teatro
son de subliñar as obras Vinte mil pesos crime (1962), Sinfarín
contra don Perfeuto (1975) e Os burros que comen ouro
nunca cabalos serán (1992, Premio Abrente de Ribadavia
1979). Como autor de narrativa para público infantil son de
notar O león e o paxaro rebelde (1991, Premio de Contos
para rapaces O Facho), Fins do mundo (1974), Planeta
dos ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán
(1991), Oso mimoso (1992), Namoro de lobo Pipo na
escola de don Perico (1992), O gaiteiro e o Rato Pérez
(1994, Premio Merlín 1993), Xan Guindán, mensaxeiro
(1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Rata
linda de Compostela (1994), O lobo e o grilo
(1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán
e os Salvaxes (1995) ...
|