vb1eruibal.html
EULOXIO R. RUIBAL (Ordes, Coruña,
16 de marzo de 1945). Escritor e galerista. Dende neno reside en
Compostela, onde na actualidade rexenta unha galería de arte.
Ten participado en diversos congresos e mesas redondas. Asimesmo,
formou parte de numerosos xurados de concursos literarios ou artísticos,
e colaborou en revistas especializadas (Grial, Ensaio, Assaig
de Teatre, Acotaciones, etc.) e en grande parte da prensa de
Galicia. É co-director de Citania, revista de estudios
artísticos e literarios.
|