Xavier%20Castro


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2xaviercastro.html

     Xavier Castro Pérez, naceu en Cangas (Pontevedra) en 1954. Realizou estudios de bacharelato en Vigo e en 1972 escomenzou a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago. Nesta época colabora esporádicamente en diversos diarios e participa nas actividades galeguistas que se levan a cabo nos medios universitarios. Licénciase en 1977 consagrándose dende entón á docencia e a investigación histórica. En 1982 obtivo o grado de doctor en Historia, coa calificación de sobresaliente "Cum Laude", na Universidad de Santiago, cunha tese sobre o galeguismo na encurrillada republicana, dirixida por el Prof. Dr. D. Jesús Mª Palomares Ibañez.
     Creou o Colectivo de Historia Xerminal, que levou a cabo un labor de critica historiográfica que foi publicando na prensa e en revistas culturales durante varios anos. Mediante un traballo en equipo realizou un amplio estudio sobre a historia do movemento obreiro en Vigo nos anos trinta, que viu a lus en 1991, publicado por Edicións Xerais de Galicia. En 1980 consegue por concurso de méritos o posto de catedrático interino na Escola Universitaria de EXB de Ourense, obtendo en 1987 a praza de catedrático en propiedade mediante concurso oposición. Impartíu tamén a asignatura de Historia de América no Colexio Universitario de Ourense durante o curso 1985/86. Complétase esta docencia con clases impartidas nos Centros Galegos de Bos Aires e Montevideo e na Université de Rennes, onde foi contratado durante o curso 1985/86 como "maître de conférences associé" para dictar clases de Historia Contemporánea de España.
     Dende 1991 imparte docencia na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, obtendo a catedra de EU en Historia Contemporánea en 1995.
     Desplazouse a universidades estranxeiras para ampliar estudios: Realizou consultas bibliográficas nas bibliotecas de Rennes e París nos anos 1985 e 1988 e nas norteamericanas de Os Anxeles (UCLA), Berkeley e Nova Iork en 1991 e 1994.
     Tamén efectuou un traballo de investigación no Centro Studi Emigrazione de Roma, en xullo de 1991.
     Colaborou en diversas revistas especializadas en Historia, culturales e na prensa diaria. Pronunciou numerosas conferencias e presentou comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea.
     En colaboración co profesor Jesús de Juana promove dende 1983 as Xornadas de Historia de Galicia, das que se levan celebrado dez edicións, recopiladándose ata o momento en libros as nove primeiras. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial, e dende febreiro de 1997 foi o subdirector.
     Na actualidade realiza traballos de investigación sobre historia social centrados na temática da emigración e a historia da alimentación e da sociabilidade. Dirixe tamén un proxecto de investigación sobre a historia da alimentación en Galicia subvencionado pola Xunta de Galicia. Entre as suas principais publicacións destacan os libros: O galeguismo na encrucillada republicana (1985), 2 vols. e A lume manso. Historia social da alimentación en Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 1998. Ayunos y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación, Editorial Nivola, Madrid, 2001.

[Setembro, 2004]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega