Francisco Domínguez Romero

(1939 - 2005)

 

 
Obras
Autobiografía
 
vb1fdominguezromero.html

     FRANCISCO DOMÍNGUEZ ROMERO naceu en Ferrol, na Galicia atlántica, en 1939. Alí pasou os seus primeiros anos. Despois, moi novo aínda, foi para Murcia, onde transcorreu parte da súa infancia e a adolescencia, sen afastarse xamais das raíces. Cursou estudos de náutica en Cádiz e A Coruña; e tamén de maxisterio en Murcia. De volta en Galicia, residiu algúns anos en Xinzo, e máis tarde en Corcubión, adicado ao ensino. E despois, xa de xeito intermitente, entre Murcia e a terra natal. No Ourense dos anos sesenta, mantén unha estreita relación, e, sobor de todo, unha fonda amizade cos escritores Carlos Casares e Antón Tovar. E xunto a eles participa —xa como poeta— nalgúns actos culturais e recitais de poesía. No ano 1965 toma parte, en Barcelona, xunto a Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín e Carlos Casares, nun inesquecibel ciclo de conferencias, lecturas e recitais poéticos. Como poeta é autor da seguinte obra lírica, con poemas en castelán e galego: Señales del camino, 1971 (que recolle a súa obra incipiente). Herrumbre de los sueños, 1983. Poemas, en antoloxía, 1989, (que recolle o máis significativo e característico —ou como máis conseguido— da súa obra de poeta ata ese intre. (Tamén hai poemas seus nos números 22 e 27 da Revista "Dorna"). Unha boa parte da súa obra anda espallada en xornáis e revistas.


Nos poemas galegos da última fase, aínda que o contido —e tamén o obxecto— é análogo, o traballo poético sonda novos espacios. Dada a maior contención expresiva e o carácter máis depurado dos versos.

Unha lingua máis sobria e serena, quizais máis decantada, á obsesiva procura de unha tonalidade e unha cor persoal.

Algúns dos máis directos e sentidos poemas. Reformulacións de moitos dos motivos desenvoltos na poesía da fase anterior: a dor común, o rigor ético, o desalento pola insidiosa e subtil manipulación da consciencia e da vida social... E, nun cadro máis amplo, recorrentes imaxes para os temas da terra, para as mínimas cousas que non teñen voz.

Subliñar finalmente a realidade máis viva que percorre os meus versos... Temas recorrentes, reiterados, que concitan o meu mundo afectivo... O sentido da vida, a pasaxe do tempo, o amoroso latexo da paisaxe da Limia, o meu inesquecibel paraíso da infancia... O infinito desexo de sosego e silencio...

[Marzo, 2002]
 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega