vb3franciscoxabiervazquez.html
Francisco Xabier
Vázquez nace un 29 de abril de 1956 en Chantada. Traballou en centros de ensino
de A Coruña, Boiro, Louro e Muros, vila na que reside na actualidade. Algún
día disque será quen de poder invitar ós amigos á súa propia adega, aló
por San Fiz ou Belesar na Ribeira Sacra.
No terreo literario é membro da Asociación de
Escritores en Lingua Galega desde os seus primeiros anos de fundación. Publicou
A Chazca no ano 1982 en Edicións do Castro, novela na que se observa
unha vontade de experimentar con distintos modelos narrativos, empregando como
trama a confrontación social derivada da guerra incivil do 36.
No ano 2003 edita en Sotelo Blanco Crónica de
Ofiusa, novela de corte xuvenil na que narra unha viaxe chea de aventuras
polas terras míticas de Ofiusa (Galiza).
|