vb2isaacferreira.html
Nome
oficial: Isaac Pérez Blanco.
Nome artístico ou pseudónimo: Isaac Ferreira.
Lugar de nacemento: Ferreira do Valadouro. Concello: O Valadouro (Lugo).
Data de nacemento: 8 de marzo de 1946.
Estudos
Sexto de Bacharelato na Academia Galicia, da Coruña, e COU no Instituto Santa
Irene, de Vigo.
Non ten estudos universitarios, agás algunha materia aprobada de Xeografía e
Historia pola UNED.
Nos cursos 1981 a 1985 estuda lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da
Coruña, onde realiza os catro cursos coa conseguinte reválida e diplomatura.
Actividade cultural
Recibe o Segundo Premio de Poesía Epesa, en castelán, Madrid, 1969.
Escribe poemas en castelán e en galego até o ano 1971.
A partir de 1971 escribirá só en lingua galega.
Escribe poemas, musicados e cantados por Miro Casabella e Suso Vaamonde, 1970 a
1972.
Publica varios poemas en galego, no xornal El Progreso, de Lugo, agosto
de 1971.
Segundo accésit no VI Concurso "Breogán" de contos, Centro Galego de
Biscaia-Barakaldo, 1973.
Lectura de poemas na emisora de radio La Voz de Vigo, 1974.
Accésit ao mellor poema en galego, Primeiro Concurso de Poesía "Montesol", Vigo,
1974.
Publicación de contos e poemas en programas e revistas de asociacións culturais,
1974-1987.
Publica a súa primeira peza de teatro, nos Cadernos da Escola Dramática Galega,
1992.
Dos anos 1992 a 1997 é tradutor de galego na empresa para a que traballa.
Nestes anos, imparte cursos básicos de lingua galega a compañeiros da Coruña e
Santiago.
Publicación, con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, do libro CONTOS DO VALADOURO,
con ilustracións de Xesús Pisón, 1998.
Lectura pública de contos en diversas vilas e cidades, desde 1998 até 2002.
Diversas traducións para galego na revista de teatro Casahamlet, da
Coruña. Director: Francisco Pillado Maior.
Estrea do seu curto de teatro RITUAL, no Fórum Metropolitano da Coruña, 1999.
Asiste ao I Seminario de escritura de teatro Casahamlet, 2001-2002,
impartido por Manuel Lourenzo.
Lectura pública da peza teatral NAI BURKA, en Aula Aberta de Casahamlet,
A Coruña, 20-XII-2001.
Lectura pública do ensaio: "Maxia, medo, teatro", no Foro Teatral Casahamlet, A
Coruña, 29-IX-2002.
Publicación de once peciñas teatrais, baixo o título Sagrada Familia, en
Cadernos de Teatro, 2002.
Publicación das pezas de Sagrada Familia na edición dixital da Biblioteca
Virtual Galega, 2002.
Membro do Consello de Redacción de Casahamlet, Revista de Teatro, desde o
núm. 5, maio 2003.
Publicación da peza teatral DIQUE DE ABRIGO, en Casahamlet, Revista de
Teatro, 5, maio 2003.
Publicación da peza DIQUE DE ABRIGO na edición dixital da Biblioteca Virtual
Galega, maio 2003.
Asiste ao II Seminario de escritura de teatro Casahamlet, febreiro-xuño 2003,
impartido por Manuel Lourenzo.
Publicación do traballo narrativo sobre o Valadouro, titulado "Un país na
encrucillada dos tempo", no xornal El Progreso, Lugo, 05-IX-2003.
Publicación do poema "Catarse 2002". En SEMPREMAR. Cultura contra a Burla
Negra, 2003.
Publicación das peciñas teatrais MANTIS RELIXIOSA, LOIRO SOBRE NEGRO, DIARIO
DUNHA NENA QUE COÑECEU A MR. HYDE e MORRER EN HYDE, baixo o título xenérico
In extremis, en Casahamlet, Revista de Teatro, 6, maio 2004.
Publicación do traballo de documentación "Casahamlet Estudio de Teatro-Compañía
de Teatro", en Casahamlet, Revista de Teatro, 6, maio 2004.
Publicación do traballo de documentación "Manuel Lourenzo: Obra dramática
(Representada, publicada, premiada)", en Insomnes, de Manuel Lourenzo. A
Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, Departamento de
Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña, xuño 2004.
Publicación do conto TEMA LIBRE no xornal La Voz de Galicia (Relatos de
verán), A Coruña, 09-VIII-2004.
Publicación das peciñas teatrais AS AMIGAS e O PAVILLÓN DAS CINZAS, baixo o
título xenérico O pavillón das cinzas, en Casahamlet, Revista de
Teatro, 7, maio 2005.
Publicación do conto A RAÍÑA E O VENTO no xornal La Voz de Galicia
(Relatos de verán), A Coruña, 26-VIII-2005.
Publicación, con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, do libro CONTOS DO VALADOURO
(nova edición corrixida e aumentada, 306 contos), outubro 2005.
Publicación dos textos teatrais A FONTE DO BIDUEIRO, CAZA MAIOR, A FLOR, así
como o prefacio "Maxia, medo, teatro", baixo o xenérico A Fonte do Bidueiro,
en Caderno Teatro Laiovento, núm. 4, maio 2006.
Publicación do monólogo teatral O CERCO DE VILANOVA, en Casahamlet,
Revista de Teatro, 8, maio 2006.
Publicación do traballo de documentación "Manuel Lourenzo: Obra". En A noite
dos cabaleiros, de Manuel Lourenzo, xullo 2006.
Publicación do traballo de documentación "Cronobiografía de Manuel Lourenzo:
Obra dramática y dirección escénica (1960-2006)". En ADE Teatro. Revista
de la Asociación de Directores de Escena de España, nº 112, Madrid, octubre
2006.
Publicación do texto narrativo "Un reino e unha búsola". Como prólogo, en
Búsola, Revista editada pola Casada Cultura do Concello do Valadouro, núm.
2. Director: Suso Rubio. O Valadouro, 22-XII-2006. Tamén e edición dixital:
www.busola.net.
Publicación do traballo de documentación "Manuel Lourenzo: Tempo de colleita
(Obra dramática completa e bibliografía)". En Palabra e acción. A obra de
Manuel Lourenzo no sistema teatral galego, de Roberto Pascual (ed.), 2006.
Publicación da peza teatral A NAVALLA, en Casahamlet, Revista de Teatro,
9, maio 2007.
Publicación da peza teatral A AVOA (2ª ed.). Con motivo da homenaxe da AELG a
Manuel Lourenzo no Valadouro. El Progreso (A Mariña), 04-VII-2007.
Publicación do conto PURO CONTO no xornal La Voz de Galicia (Relatos de
verán), A Coruña, 14-VIII-2007.
Director de Casahamlet, Revista de Teatro, desde setembro de 2007.
Lectura dramatizada da peza teatral A NAVALLA, en Foro Teatral XLIII de
Casahamlet, A Coruña, 12-XII-2007.
Publicación da peza teatral O POZO DO ENCANTO, en Casahamlet, Revista de
Teatro, 10, maio 2008.
Antólogo, coordinador e prologuista do Caderno Teatro, núm. 11, Novos autores,
de Edicións Laiovento, xuño 2008.
Publicación do conto TIÑA DE TODO no xornal La Voz de Galicia (Relatos de
verán), A Coruña, 06-VIII-2008.
Publicación do traballo de documentación Dez anos de Casahamlet (1998-2008).
Como separata de Casahamlet, Revista de Teatro, 10, setembro 2008.
Publicación do monólogo teatral O CERCO DE VILANOVA, 2ª edición, en Move,
Revista virtual.
www.pubmodusvivendi.net/revistamove, 28-I-2009.
Publicación do traballo de documentación "Casahamlet" [Título orixinal: "Teoría,
creadores e documentación teatral. Casahamlet, Revista de Teatro (maio
1999-maio 2008)". Comunicación lida no I Encontro Ibérico de Revistas de Teatro,
xullo 2008]. En Revista Galega de Teatro, 57, inverno 2008.
Publicación do traballo de documentación "Dez anos de Casahamlet, Revista de
Teatro. Números 1 ao 10 (1998-2008)". Consello da Cultura Galega,
www.culturagalega.org, xuño 2009.
Publicación do texto narrativo-biográfico "Carta para a avoa Vitoria". El
Progreso (A Mariña), Lugo, 13-VI-2009.
Publicación do traballo de documentación "Xesús Pisón: Obra". En Casahamlet,
Revista de Teatro, 11, xullo 2009.
Publicación do traballo de documentación "Xesús Pisón: Estreas". En
Casahamlet, Revista de Teatro, 11, xullo 2009.
Publicación do traballo de documentación "Xesús Pisón: Bibliografía pasiva". En
Casahamlet, Revista de Teatro, 11, xullo 2009.
Antólogo, coordinador e prologuista do Caderno Teatro, núm. 16, Novos autores
II, de Edicións Laiovento, xaneiro 2010.
Publicación do traballo de teoría "Ana, Xoana, Viviana". En Casahamlet,
Revista de Teatro, 12, xuño 2010.
Publicación, con Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, do libro ARQUEOLOXÍA DO
VALADOURO. PREHISTORIA, xuño 2010.
Publicación do traballo de documentación "Cunqueiro en Casahamlet (1998-2010)".
En Casahamlet, Revista de Teatro, 13, xuño 2011.
Lugares de residencia
Ferreira do Valadouro, A Coruña, Lugo, Barcelona, Madrid, Vigo, A Coruña.
Desde o ano 1994, reside no Porto de Santa Cruz, Liáns, concello de Oleiros (A
Coruña).
[Maio, 2012]
|