vb1mforcadela.html
Manuel Forcadela (pseudónimo de
Manuel Santiago Fernández Álvarez, Tomiño, 1958). Doutor en
Filoloxía, catedrático de lingua e literatura galegas no ensino
secundario e profesor asociado na Universidade de Vigo. Como
estudioso da literatura publicou as seguintes obras: A harpa
e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988),
Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e
Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de
Eduardo Pondal (1994), a edición crítica da Poesía
de Eduardo Pondal (1988) e A poesía galega de posguerra
(1997). Como poeta publicou Ferida acústica de río
(1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas
(1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa
(1992); Profecía (1993); Morte do fadista
(2000), Premio Espiral Maior; Refutación da Musa
(2001), Premio da Aula de Poesía de Barcelona. A súa obra
narrativa componse dos seguintes títulos: Paisaxe con muller
e barco (1990), Premio de Novela García Barros; Sangue
sobre a neve (1990); Barato, barato (1991); Contos
interruptus (1992); Fóra de xogo (1993); Anxélica
(1994); A equipaxe do azar (1994); A armada
invencible (1996).
|