Nicomedes Pastor Díaz

(1811 - 1863)

 

 
Obras
Biografía
 
mb2nicomedespastordiaz.html

     Nicomedes-Pastor Díaz Corbelle naceu en Viveiro o 15 de setembro de 1811 no seo dunha familia numerosa. Fillo dun oficial da Armada, tras recibir a primeira formación na vila natal, en 1823 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Catro anos máis tarde estableceuse en Compostela —cidade na que comezaría a súa actividade poética— para seguir estudos de leis na Universidade até o feche das Universidades decretado en 1932.
     Trasladouse entón a Alcalá de Henares, onde obtivo o título de abogado en 1833. Nesa altura, frecuentou a tertulia de «El Parnasillo», —da que facían parte Campoamor, Espronceda ou Larra— e publicou en revistas madrileñas.
     En 1835 foi nomeado oficial do Ministerio de Gobernación, dando inicio así unha imparábel carreira política que, unida á súa actividade xornalística e literaria, o convertirían nunha das máis destacadas personalidades da vida española do momento. Foi maxistrado na Audiencia de Valladolid, deputado a Cortes pola Coruña, ministro de Comercio, Instrucción e Obras Públicas, de Estado e de Gracia e Xusticia, rector da Universidade de Madrid, conselleiro de Estado, embaixador en Lisboa...
    Elexido membro de número da Real Academia Española en 1847, dez anos máis tarde ingresou na de Ciencias Morais e Políticas.
    Pastor Díaz morreu en Madrid en 1863. Tras o falecimento e seguindo as súas indicacións, os seus amigos recolleron e publicaron en seis volumes as súas obras completas en español. No noso idioma, as únicas composicións coñecidas son "Alborada" (escrita probabelmente en 1828) e "Égloga de Belmiro e Benigno", poemas que convirten ao viveirense nun dos primeiros cultivadores da lírica galega do século XIX.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega