vb1paulinovazquez.html
Nacemento en Vilanova dos
Infantes, o vintesete de febreiro de 1962, na vella casa materna
onde todo retorna. Calquera dos meus textos, no fondo, fala desa
casa.
No ano 1972, unha vez que meus pais voltan da emigración, imos
viver a Vigo.
No ano ' 83 chego a Compostela para rematar Filoloxía
Galego-portuguesa.
Desde o ano ' 85 traballo no ensino, resido en Compostela desde o
' 87.
Escrebo porque vivo no mesmo idioma en que morreu Alexandre
Bóveda.
|