Ram��n Otero Pedrayo

(1888 - 1976)

 

 
Obras
Biografía
 
m1oteropedrayo.html

     Don Ramn Otero Pedrayo naceu en 1888 en Ourense, no seo dunha familia fidalga, culta e liberal. Cursou o Bacharelato en Ourense e a licenciatura en Dereito e Filosofa e Letras en Madrid. De volta sa cidade natal pasou a ser unha das figuras mis dinmicas do ambiente cultural do Ateneo, xunto con Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Primitivo Rodrguez Sanjurjo. Con este grupo, completamente desligado da cultura e poltica galegas, Otero dar os seus primeiros pasos na literatura, intervindo na redaccin da revista La Centuria (1917-1918).
     Pouco despois, a instancias de Antn Losada Diguez, o grupo tomaba consciencia da problemtica do pas e ingresaba nas fileiras do galeguismo. En 1919, Otero gaou as oposicins a ctedras de ensino medio e axia foi destinado ao Instituto de Ourense. A partir de agora vai dedicarse ao cultivo das nosas letras nos mbitos mis diversos, distingundose como un dos mis insignes polgrafos galegos. Colabora en diferentes xornais e revistas, desenvolve unha intensa actividade na seccin de Xeografa e Historia do Seminario de Estudos Galegos e principia o seu labor como escritor. A sa primeira obra narrativa foi a novela curta Pantelas, home libre (1925), que seguirn Os camios da vida, Arredor de s, A romara de Xelmirez... Tamn cultivou Otero o relato breve e o ensaio, fundamentalmente de carcter histrico, xeogrfico e literario, ao tempo que se revelaba como orador de extraordinarias cualidades, espontneo e exuberante.
     Participa na fundacin do Partido Galeguista e sae elixido, en 1931, deputado das Cortes Constituntes. No seo do Partido, Otero situbase ideoloxicamente no bando conservador, mais acatou a decisin da maiora cando esta optou pola integracin na Frente Popular. Ao comezar a guerra civil, a pesar do seu talante conservador e relixioso, Otero foi expedientado, cesado como catedrtico de instituto e retirouse casa familiar de Trasalba. Desde al colaborou puntualmente na prensa americana, en publicacins madrileas e catalanas e, xa a mediados da dcada de corenta, con maior asiduidade en diferentes xornais galegos.
     En 1949 foi restitudo na sa ctedra de Instituto e no ano seguinte gaou a ctedra de Xeografa e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Participou tamn na fundacin da Editorial Galaxia, para a que entregar a coleccin de relatos Entre a vendima e a castieira e numerosos traballos que foron publicados na revista Grial.
     Na capital galega vai morar ata 1958, etapa na que servir de gua mocidade galeguista que est a xurdir nos ambientes universitarios e contribuir sa vertebracin. No momento do seu falecemento, en 1976, era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas, creador dunha vasta e plural obra literaria e ensastica, e un grande exemplo da resistencia galeguista na longa etapa da ditadura. Home dunha vastsima cultura, Ramn Otero Pedrayo integra, con Risco, Castelao e Losada Diguez, o denominado Grupo Ns.

Fundacin Otero Pedrayo

 

logoDeputacin logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega