Ram��n de Valenzuela

(1914 - 1980)

 

 
Obras
Biografía
 
mb3ramondevalenzuela.html

     Ramn de Valenzuela Otero naceu en Silleda (Pontevedra) en 1914. Estudou o Bacharelato en Compostela e principiou a sa etapa universitaria na Facultade de Dereito (1931-1932), acabando logo na Facultade de Filosofa e Letras. Un ano despois ingresou por oposicin nunha escola de Pontevedra, onde continuou os tres cursos perceptivos de Maxisterio; foi nomeado mestre en Vigo, mais non puido exercer polo inicio da guerra. Sera en 1945 cando voltase aos estudos universitarios para se licenciar en Filosofa e Letras en 1947. Por volta dos anos 1934 e 1935 dedicouse a narrar contos populares en teatros e en Radio Pontevedra. Con s dezaseis anos xa organizara unha escola para adultos onde as aulas se impartan en galego; formou parte aqu con lvaro das Casas do grupo galeguista Ultreya.
     Colaborador do Seminario de Estudos Galegos e militante do Partido Galeguista foi detido e encarcerado na casa do concello de Silleda en 1936. Tras sar do crcere decidiu militarizarse como voluntario no bando franquista; en 1937, destinado en Cceres, pasou ao bando republicano.
     Dous anos mis tarde, na sa fuxida a Francia, estivo internado nun campo de concentracin e desde al escribiu Sociedad Pro-Escuelas de Bandeira en Bos Aires, para solicitar axuda. Xa recuperada a liberdade, colaborou co exrcito francs at que a polica alemana o devolveu s tropas franquistas espaolas, que o condenaron a morte, confinndoo nunha crcere de vila. En 1949, conseguido xa o indulto, emigrou a Bos Aires avalado pola Sociedad Pro-Escuelas de Bandeira. Al traballou de crtico literario nas revistas La Gaceta de Tucumn e Galicia Emigrante (dirixida por Lus Seoane) e impartiu aulas de Xeografa Galega durante tres cursos na Asociacin Gallega de Universitarios y Artistas, colectivo do que formou parte.
     Ramn de Valenzuela desenvolveu unha importante actividade cultural no Ateneo de Curros Enrquez, da Federacin de Sociedades Galegas de Bos Aires, ademais de pronunciar mltiples conferencias en diversas Institucins Galegas da Arxentina e Uruguai. En 1957 publicou a sa primeira novela, Non agardei por ningun, na editorial Citania de Bos Aires. Nesta mesma editorial, anos mis tarde, saira luz a segunda e derradeira novela autobiogrfica, Era tempo de apandar (1980).
     Como autor teatral estreou As bgoas do demo (1964) no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires. Esta obra representou o derradeiro intento dos exiliados por manter o teatro galego na emigracin.
     Regresou a Espaa dous anos despois e dedicouse docencia en Madrid no Crculo de Estudios Galegos. En 1974 escribiu O Naranxo, unha escolma de relatos que xa publicara con anterioridade e deu numerosas conferencias, entre elas a polmica Historia do galeguismo poltico (1976) pronunciada na Facultade de Econmicas de Santiago de Compostela e publicada ese mesmo ano en Edicins Akal.
     Ramn de Valenzuela faleceu en Sanxenxo en 1980.

 

logoDeputacin logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega