vb2xavierfriasconde.html
Nacín en Salamanca mais
de familia eonaviega (Terra Eo-Navia, Asturias); teño daquela o galego como
lingua familiar. Boa parte da miña carreira está centrada na pescuda, estudo e
promoción da lingua galega en Asturias. A miña tese de doutoramento centrouse,
precisamente, no estudo do galego exterior desde Asturias até Cáceres.
Son doutor en
filoloxía románica, licenciado en filoloxía inglesa e diplomado en ciencias
da educación. Traballei no ensino primario e secundario desde 1988 até 2000,
en 1999 comecei a dar aulas na universidade e aquí sigo. Dedícome nomeadamente
á lingüística e a tradución, os dous campos básicos da docencia. A
propósito da tradución, teño traducido abondas cousas para o galego, entre
elas moita poesía que pouco a pouco vai saíndo á luz.
A miña obra ten
poesía, teatro infantil, narrativa infantil e investigación filolóxica como
se pode aprezar. Teño boa parte da miña obra escrita en galego eonaviego.
Ocúpome da Biblioteca
Virtual Eonaviega e promovo outras actividades literarias na rede, como o
espazo Litterae con algúns colegas. Tamén traballo polas linguas románicas
minoritarias desde diversos ángulos, como se pode ver en Romania
Minor.
|