Xes��s Fraga


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
Nome e apelidos      Nome e apelidos: Xesús Fraga Sánchez.

     Outros nomes polos que é coñecido: O alcume familiar por rama paterna é "apagafaroles" (meu avó traballaba en Fenosa e saía co abrente a apagar as farolas unha por unha) e por rama materna "os do Pinche" (sen explicación coñecida). En Inglaterra chamábanme Tony, porque o meu segundo nome é Antonio, e naquel país ninguén pode chamarse como o fillo de Deus. Durante moitos anos fun coñecido como Yito: os íntimos empregan ese nome.

     Lugar e data de nacimento: Londres, borough de South Kensington. 28 de febreiro de 1971. Era domingo.

     Lugares onde viviu: Londres, A Coruña, Betanzos, Salamanca, Lugo e de novo Betanzos.

     Irmáns: Non teño.

     Estudios: Gardería e párvulos en Londres, párvulos na Coruña e primeiro curso de EXB, toda a EXB, BUP e COU en Betanzos. En Salamanca, Xornalismo e Filoloxía Inglesa (esta última non a rematei).

     Estado civil: Casado.

     Traballos: Din clases particulares de inglés varios veráns. Durei seis meses de peón de albañilería ata que unha neumonía me retirou e volvín ós estudios. Dende 1996 traballo como xornalista, na radio e na prensa escrita.

     Vocacións frustradas: Arqueólogo submarinista, arquitecto.

     Aficións: De cativo encantábame todo o relacionado cos trens. A finais dos 80 fixen varios graffitis; dediqueime a fotografar e coleccionar libros e fancines sobre esta arte ata hai uns anos. Entre 1993 e 1995 toquei a guitarra e cantei nun grupo de pop en Salamanca: Delicatessen. Gravamos dúas maquetas e demos algún concerto máis. Delicatessen desfíxose cando tres quintos do grupo desertaron para funcionar como acompañamento dunha cantante.

     Mascotas: Tiven tres gatos, Tristán, Leonardo e Rafael. Morreron os tres, víctimas de accidentes e da agresividade circulatoria. Foron compañeiros inesquecibles.

     Heroes de ficción: Robin Hood e Sherlock Holmes.

     Dez películas:
       1. Os sete samurais, Akira Kurosawa.
       2. Barry Lyndon, Stanley Kubrick.
       3. O quinteto da morte (The Ladykillers), Alexander Mackendrick.
       4. O Padriño, I, II e III.
       5. Star Wars, IV, V e VI.
       6. Annie Hall, Woody Allen.
       7. A dobre vida de Verónica, Krystof Kieslowski.
       8. Goodfellas, Martin Scorsese.
       9. El espíritu de la colmena, Víctor Erice.
       10. El verdugo, Luis García Berlanga.

     Dez cancións:
       1. Tangled up in blue, Bob Dylan.
       2. Rudie can't fail, The Clash.
       3. The whole of the moon, The Waterboys.
       4. La estrella, Los Auténticos.
       5. Otra dimensión, Alaska y Los Pegamoides.
       6. Chan chan, Compay Segundo.
       7. Come away, come sweet love, John Dowland.
       8. Bled white, Elliott Smith.
       9. Too near, Berracos.
       10. El árbol blanco, Delicatessen.

     Dez libros.
       1. Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro.
       2. A miña familia e outros animais, Gerald Durrell.
       3. Nuevo plano de la ciudad secreta, Ignacio Martínez de Pisón.
       4. A nosa cinza, Xabier Alcalá.
       5. Unha música constante, Vikram Seth.
       6. O señor dos aneis, JRR Tolkien.
       7. Luna de lobos, Julio Llamazares.
       8. A triloxía de Nova York, Paul Auster.
       9. El jinete polaco, Antonio Muñoz Molina.
       10. Alta fidelidade, Nick Hornby.

     Pintores: Haarmen Steinwyck, Roberto González Fernández, Jackson Pollock, Juan Gris, John Constable.

     Arquitectos: Nicholas Hawksmoor, Frank Lloyd Wright, Alvar Aalto.

     Librerías: Donín (Betanzos), Lume (A Coruña), Trama (Lugo), Víctor Jara (Salamanca), Foyles (Londres), Irmáns Lelho (Oporto). Dúas que non existen: Batán (Betanzos) e Benedicts (Londres).

     Manías: Non pisar as raias dos enlousados.

     Escribe con... ordenador.
[Outubro, 2003]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega