vb1ferrin.html
Xosé Luís Méndez Ferrín
(Ourense, 1938). Doutor en Filoloxía e catedrático de
Literatura no Instituto Santa Irene de Vigo. Preparou a edición
crítica do Cancioneiro de Pero Meogo (1966) e como
ensaísta publicou De Pondal a Novoneyra (1984).
Colaborador no Faro de Vigo e director da revista A
Trabe de Ouro. Membro do grupo literario nacionalista Brais
Pinto.
Deuse a coñecer como poeta coa obra Voce na néboa
(1957), á cal seguiron Antoloxía popular (1972),
asinado co heterónimo de Heriberto Bens; Sirventés pola
destrucción de Occitania (1975); Con pólvora e
magnolias (1977), Premio da Crítica; Poesía enteira de
Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982); Erótica
(1992) e Estirpe (1994), Premio Losada Diéguez, 1995.
Como narrador publicou: Percival e outras historias
(1958); O crepúsculo e as formigas (1961); Arrabaldo
do norte (1964); Retorno a Tagen Ata (1971); Elipsis
e outras sombras (1974); Antón e os inocentes
(1976); Crónica de nós (1980); Amor de Artur (1982);
Arnoia, Arnoia (1985); Bretaña Esmeraldina
(1987), Premio da Crítica de Galicia, 1988; Arraianos
(1991), Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez,
Premio da Crítica Española, e No ventre do silencio
(1999), Premio Eixo Atlántico.
En 1999 foi candidatado pola Asociación de Escritores en Lingua
Galega para o Premio Nobel de Literatura.
|