Xosé Manuel Rivas Troitiño


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2rivastroitinho.html

     Xornalista, escritor e profesor de Universidade, nado en Santiago de Compostela pero natural da Terra de Montes. Doctor en Ciencias da Información, e licenciado en Filosofía e en Ciencias da Información, traballou como xornalista en Galicia na delegación de EFE dende 1979 ata 1985. Desta data quedan, ademais de crónicas parlamentarias, as Efemérides Gallegas e unha Encuesta sobre lo Gallego, que consisteu nunha serie de 14 longas entrevistas sobre a idiosincrasia galega (Ramón Piñeiro, García Sabell, Xosé Ramón Barreiro, Antonio Fraguas, P. López Calo...) publicadas consecutivamente por todolos xornais galegos.
     No 1977 publicou a biografía do lexendario Gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro, proclamado o millor gaiteiro de Galicia no 1924. A obra foi patrocinada por Coca Cola, que fixo unha edición de 3.000 exemplares, agotados deseguida. Co gallo do centenario do nacemento de Avelino, o Axuntamento de Forcarei fixo unha edición facsímil da biografía no 2000.
     No 1978 publicou Diego Antonio Zernadas y Castro, un precursor del Galleguismo. Ainda que en castelán, a obra amosa a biografía do lexendario Cura de Fruime (1702-1777), a voz ilustrada que se erguía en defensa de Galicia e dos galegos cando a fame e a emigración deron pé á lenda negra e á bulra dos galegos. Tan importante foi o papel de Zernadas que, ó ano da sua morte, os seus amigos publicaron en Madrid na sua memoria sete tomos coas obras de Zernadas.
     Tamén é autor dunha longa conversa con Xosé Luis Barreiro, daquela vicepresidente da Xunta de Galicia, sobre a sua vida e pensamento encol da terra.
     Dende 1985, reside en Madrid, onde traballa na central de EFE e da clases de Xornalismo na Universidade Complutense. Ainda que a meirande parte das publicacións desta etapa son sobre terrorismo e xornalismo, é columnista de varios medios, entre eles o xornal Galicia-hoxe.

[Outubro, 2005

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega