Xos%E9 Mar%EDa %C1lvarez C%E1ccamo


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb2pepecaccamo2.html      Nacín en Vigo o 6 de xullo de 1950. O barrio de As Travesas e as praias de Coruxo son os espazos da miña nenez. Santiago de Compostela, onde fixen estudos de Filoloxía Románica, constitúe o referente crucial da miña mocidade. Desde o ano 1973 exercín a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo, labor que abandonei, por xubilación voluntaria, en 2010. Desde 1990 vivo na aldea de Vilar (Vilaboa), fronte á illa de San Simón.
     Ademais de poesía, teño publicado relatos breves e fixen algunha incursión no xénero teatral. A miña adicación aos estudos literarios céntrase na poesía galega da segunda metade do século XX. Ultimamente descubrín o esixente placer da literatura para crianzas e o territorio complementario da poesía visual e obxectual.
     Obtiven os premios "Esquío", "González Garcés", "Arume de Poesía para Nenos", os da Crítica de Galiza e de España, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o da Irmandade do Libro.
     Formei parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrei a equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Coordenei as revistas da A.E.L.G. "Nó" e "Contemporánea". Fun membro do consello de redacción da revista "Grial" entre os anos 2003 e 2010.
[Xaneiro, 2011]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega