![]() ![]() |
Catro poemas pra catro grabados |
||
|
"A Ruy Xordo". |
|
A Ruy Xordo
A Ruy Xordo
Aramos sobre os mortos nesta terra
i o noso pan ten un sabor de hosos
familiares, irmáns. O monte berra
baixo do arado, e chámannos os nosos
desde a morte con voces conocidas:
«Nin marqueses, nin cregos, nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas,
nin o guerreiro coiro dos tambores.
Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que veña navegando aos nosos portos.
Os que pidan o fruto sin labores,
si non morren de seu, morran de guerra,
e desta terra, así, serán señores».
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |