![]() ![]() |
Almas de muller ...¡volallas na luz! |
||
|
Escolma: "Agoiros" |
|
Tres presentimentos tiven
Tres presentimentos tiven,
Qu'acóranm'o curazon:
¡San Antoniño querido!...
¿Que vento m'os aparou!
Unh'avelaiña moura,
Pousada n-o cabezal:
O cuco, que cuqueaba
Moi cedo, aló, no cental,
Y-escoiteino, inda en aunas:
(Non digamos sen pecar,
Pro dinantes qu'o meu corpo,
Probase bocao de pan.)
E logo, chegand'a noite
O can de Pepe d'Anton,
Duas veces oubeou morte
Nas fendiñas do porton!
Teñ'o corpo-afervoado:
Nin unha xeira, dormin!
¿Cal ser'a coita d'as coitas,
Que vai s'abater en mín!
Po-la miña vida, tembro:
Tembro po-la dos meus pais!
¡Os meus velliños d'a y-alma!
¿Os vou a perder, cicais!
¿Teremos que pasar fame!
Meu mozo... ¡m'esquecerá!
Roupiña que vou faguendo,
Con tantos icos e afáns...
¿Non te lucirei n'a boda?
¿O couce t'encetará,
Sen qu'a-o meu lombo te bote!
¿Morrerei en soledad,
Velliña, prob'é solteira!...
¡Arrenega, demo-atrás!...
Qué cucos, nin qu'abeleiras,
Nin que agoirizar de cans,
Poden facer tal desmoche?
Vella e probe... ¡mália tal!
Pro perder os meus amores...
¡Velos n'outra-entronizar,
E quedar-eu sen homiño!...
¡A millor moza de Xaz!...
¡Esto, non; San Antoniño.
(Mais ben serán outros mals...)
Racharáseme-a mantilla
Qu'hei d'estrenar n'o San Xoan:
Os aretes qu'el mercoume,
Con pedriñas de coral...
¿Ou morrerán as papuxas
Que pillou n'o abeneiral,
O día que concertamos
Ántes d'outono, casar?
¡Meu Santiño! N-estas dúbitas,
Choro á tar'e-á mañá!
Se pranto-unhas roseiriñas,
Coido que se muscharán:
Se me ruibea-un cabelo,
¡Mento que vou a acanar!
S'a miña pomba me bica,
Penso: ¿Canto vivirás?
¿Cando-estoupar'a disgracia
Que me vai desconxuntar,
E tanto n'os frós me pesan
Suas agoirentas siñals!
¡Rógoche co-as maus xuntiñas!...
S'ha de vir... ¡Que veña xa!
Será-unha coita, soliña,
A que teña que chorar!...
E hoxe choro cantas poden
Caber n'unha eternidá!...
E-outra vez os cans oubean!...
Meu santo... ¡Non podo mais!
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |