![]() ![]() |
Ôs qu' emigran |
||
|
|
|
m3avalladaresemigran
Eu còido, còido qu' è imán
O qu' encerra Ultramar feiticeiro
Pois roubándonos vai zalameiro
Unha á unha as prendiñas d'amor.
Inda bén á falar non comèzan
Os rapaces d'a nosa Galicia,
Cando ja, con meigosa caricia,
Lles amostra un porvir sedutor.
Non ll' importa que nàis coitadiñas
Afligidas se queden chorando,
Ô mirar que d'o niño escapando
Os filliños d'a alma lles van.
¡Cantas veces con eles no còlo,
As bagullas d'os ollos caindo,
Iban ¡ai! o grauciño esprimindo
Pra farta-l-os ò menos de pan!
Mais non son os traballos pasados
En criar esas prendas queridas,
Nin pribanzas abondo sufridas
O que fai o seu peito doer
O qu' as mata è o prejajo roedor
Que d' a mente non pòden botar,
De soilinas n'o mundo quedar
E soiliñas n' o mundo morrer...
A Ultramar non vayàs, meus meniños,
Ond' andrómenas hay noit' e dia
Pr'os incautos cazar á porfia
Ofrecendolles ouro á rodar
E, dempois que d'acà vos arrancan,
¡Mal pocados! pra sempre quezais,...
¡Ai d' os fillos que s' hachan sin pàis!
¡Ai d' os pàis á quen mata o pesar!
A Ultramar non vayàs, que s'alguns
D'a fortuna os regalos admiten,
Outros mil en sudor se derriten
Pra d' a fame siquera escapar
E agarimo en ninguèn atopando,
Por alleos decote rodeados,
¡Virgen Santa d'os Desamparados!
Que de queijas lles hás d' escoitar.
Non vayás, qu' adios mimos d' a tèrra
Adios campos e verdes soutiños,
Onde, ledos, buscàbades niños
Por placer d'estraga-l-os dempois;
Adios tróulas de juntos pastores
Co-a fancenda po-l-as Carballeiras,
En qu' a brincos facíades randeiras,
Follatiños guindandolle ôs bois.
Adios càntigas melancoliosas
N'as esbrugas de noite ô seràn
Currunchiños d' encentador chán
Fonteliñas qu' amor despertàs,
Adios gaitas d' alegres rüadas,
Espresivas muiñeiras tocando,
Castañetas n'o aire soando
D' o dengoso bailar ô compás.
Adios; ¡ai! anaquiños d' a vida
Pobres nàis qu' angustiadas de morte,
Maldecís a fatídica sòrte
Qu'ôs fillíños de vós aleijou
¡Quèn poidera enjugà-l-os regueiros
Que de bàgoas teredes botado!
¡Quèn poidera correr! ¡Dios amado!
Ôs braciños que tanto bicou!
¡Quèn poidera, naiciñas d' a alma,
Despaciño contarvos á solas
O que pasa d' o mar entr'as olas,
O que pasa d'o mar màis alá!...
¡Canto triste mortal desengaño!
¡Canta doce ilusion po-l-o vento!
¡Cantos dias d' amargo tormento!
¡Cantas noites de negra suidà!
A Ultramar non vayás pois meniños
Ond' andrómenas hai noit' e, e dia
Pr' ôs incautos cazar á porfia
Ofrecendolles ouro á rodar
E dempois que d' acà vos arrancan
¡Mal pocados! pra sempre quezais! ...
¡Ai! d' os fillos que s' hachan sin pàis!
¡Ai! d'os pàis á quén mata o pesar!
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |