A Ulla

 

 

m3avalladaresulla.html

D' este val deleitoso n' un recuncho
Loucuras d' outro tempo recordando,
As horas docemente vou pasando,
Sin sentir que se van pra non volver.
E, libre d' a farándula d' as vilas,
Qu' á mais d' unha cabeza henche de vento
Deijo ahora corre-l-o pensamento,
Vagar n' o campo que me veu nacer.

Por eso, ô pé d' os freijos e ameneiros,
Adistraeme ouservar como marchando,
Mil remuiños d' espuma levantando,
O río fachendoso bai ô mar,
Ou, n' as herbas sentada d' a pradeira,
Como as ráns garrulean n' a sua orèla
E o escaliño cai, que n' a sedèla,
Morde o ancelo e rebrinca pra escapar.

¡Ulliña! ¿Quén te veu que, namorado
D' a hermosura qu' encerras non quedase
E suidades ¡coitado! non levase
No seu peito o adios cando che dou?
Ti meliño pra todos atesouras;
Ti ô triste non negas un consolo
Ès naiciña amorosa, e n' o teu còlo
Sempre alivio o pesar sempre atopou.

À ti de lonje chegan en bandadas
Chisperreados alegres pajariños,
Pra n' os bosques e soutos os seus niños
En tr' as pólas d' os árbores facer;
E tamén entr'os tojos e as carpazas,
N' os bujos, laranjales, limoeiros,
C' os d' acá mesturados, fallangueiros,
Cal se nunca estiveran sin se ver.

Dá genio ô espertar n' as mañanciñas,
En que, ledos á Dios eles glorian
Escoitar ternos cantos que ll' envian
Merlos, tordos, currucas, verdeiróns,
Carriciños, chincheiros, papo-rubios,
Qugos, chascos, bubelas, anduriñas,
Gayos, patos, maceiros e ruliñas,
Paspallás, carniceiras, gorrións.

O sirín e o pardillo atrás non quedan,
D' o jiljero namoran os gorgeos,
Co-aqueles seus graciosos contoneos
Mirando, ja pr'aquí, ja pr' acolá.
E, á seu cabo, a montesa laberquiña,
Suspendida n' o aire estribillando,
Vai seus cantos tamén repinicando,
Sin cèlos conocer, nin vanida.

Aqui ónse denoite en todos sitios
Resonantes atrujos, cantinelas:
Son os mozos que van pr' as espadelas
Co-as mozas ô seran paliquear,
N'a man levan de palla bós fachucos
Que con mistos acenden n' o camiño
E subrazo, ademais, longo sachiño
Pra ô deño tentador arrenegar.

¡Que moito pois t' alaben os pöetas
E viajeiros terriña cobizada,
Po-l-o Pico Sagrado coronada
Con sobervios palacios d'arredor,
S' hai jardins n'o teu seo arrecendentes,
Regueiros e fontiñas paroleiras,
Piñeírales e frescas carballeiras
Ond' a sombra buscar po-l-o calor!

¡S'hai meninas trigueñas avisadas,
 De feituco corpiño rechamante,
Blancas d'azules ollos sin amante
E pùras como a sira Ta mañán!
¡S' hai nas veigas douradas espiguiñas
Pradeiras de rosas variadas,
N' os viñedos as uvas encolgadas,
Ricas froitas rodando po-l-o chan!

¡N'as festas ! È de ver globos pintados,
Refulgentes estrelas arrojando,
Fortes bombas n' as nubes estoupando
E foguetes con luces de color,
Gaiteiriños âs gentes aträendo,
Qu'en moreas acóden âs ruadas,
C' o fondiño a hucha ataviadas
Sinque o ataque polilla nin valor.

¡Desleigad'o-l-os tolos que te deijan,
Ulliña, po-l-o ouro seducidos
Pr'o fin á ti volver arrepentidos
E fartos de n' o alleo traballar!

¡Ai! N' è milagre, non, que me namores
Se nacin por fortuna n'ó teu seo,
Can d'o os angeles mismos den d'o ceo
Viñeran teus encantos disfrutar.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega