![]() ![]() |
A fonte do bidueiro |
||
|
[Escolma] |
|
v9isaacferreiraafontedobidueiro I
Palacio real. NENO EVORICO, e berrar, no colo de SISEGUNDA.
SISEGUNDA
Cala dunha vez!
REI ANDECA
Este neno non é ben.
SISEGUNDA
Merda coa criatura.
REI ANDECA
Ai, que feíño é...!
SISEGUNDA
Eu son a madrasta, ben o sabes
Ao neno
Cala ou esnaquízote!
BUFÓN 2
É parvo; ben se ve, mirade como babexa!
SISEGUNDA rechaza a NENO EVORICO.
A AMA de leite cólleo e abana nel.
AMA
Fóra de aquí, corvos!...Ven a min, filliño...Mama, meu rei, mama, mama da ama, da ama que te ama. Ea, ea, e...
II
Palacio real. Xardíns.
SISEGUNDA
Dareiche fillos. Con este de rei, eu sería simplemente a nai; peor dito, a madrasta. Contigo, serei a raíña; e algún día raíña-nai. A elección non ofrece dúbidas, je, je, je. Temos que nos desfacer dese anano.
REI ANDECA
Abandonámolo no monte e prendémoslle lume aos carballos. Botaranlle os cans aos incendiarios.
CARBALLO 1
Comezamos ben.
VOZ EN OFF
Para que non haxa incendios, o mellor é tronzar nas árbores.
CARBALLO 2
Outra vaca no millo.
REI ANDECA
Ou afogámolo no Mandeo.
SISEGUNDA
Cala, animal. Ti non rexes. É así como queres gobernar? Levarémolo a unha casa de...vaia, a un mosteiro; que o eduquen para bispo, que para outra cousa non vai dar.
REI ANDECA
E mais tes razón. Froila, prepara as bestas!
REI ANDECA, SISEGUNDA, NENO EVERICO, a AMA e FROILA saen en comitiva camiño do Mosteiro da Fraga.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |