![]() ![]() |
Alaridos |
||
|
(Escolma) |
|
modelo
O SOÑO DO DINOSAURIO
Hai millóns de anos un dinosaurio quedou durmido
e soñou que no noso planeta aparecía unha nova especie.
A especie soñaba andaba a dúas patas e estaba moi dotada para o horror
Soñou coa fin do mundo.
Cando espertou contou o pesadelo aos seus conxéneres,
e ese día os dinosaurios desapareceron da face da terra.
Foi a firme decisión de levar adiante un suicidio colectivo
antes que asistir ao espectáculo tenebroso do nacemento de ser humano.
ÚLTIMAS ESTEPAS
Caïamos, caïamos lentos e feroces desde a montaña,
arrasando poboados e carne humana
coa que calmar os nosos desexos.
Eramos da estirpe da serpe
e hai tempo que decidiramos opoñernos á gloria do inimigo.
Chegabamos, chegabamos desde a neve
co rostro embrutecido pola dor
e co anceio de cuspirlle ao ceo un desafío.
Construiramos a casa da derrota desde había xeracións
e agora era o tempo da rosa e o león.
MULLERES DE JUÁREZ
Algunhas levan na man o corazón
e outras lévano na boca.
Teñen que morder a vida
porque a alma llela arrincaron dun machetazo.
Ofrecen os seus cirios á virgencita
porque foron violadas polos fillos do home
e Deus non escoitou as súas súplicas.
Aínda cren no paraíso e veneran
os seus antepasados mortos.
Pasean polas rúas de Juárez
perdidas para sempre nun río de dor e odios
e, incomprensiblemente para nós, tamén de penitencias.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |