Costumbres gallegas. A malla

 

Texto íntegro

 

m3xrdguezamalla.html


[p. 3]

Al Ilmo. Sr.
Don Valentín Portabales Blanco

en testimonio de la cordial amistad u veneración que le profesa su querido discípulo
Jesús Rodríguez López.

 



[p. 5]

UNHA COSTUME DE GALICIA

A MALLA

1

 

     0 día en que sucederon
as cousas que vou contar
escomenzaban á malla
os da casa do tio Brais,
qu' é o labrador mais rico
que hay n' aldea do Vilar;
pois n' a eira que pegada
por un lado á casa está
loce tres palleiras d' erba
e catro medas de pan.
     Era unha mañá d' Agosto
muy crara e limpa mañá,
e n' a porta do zoleiro
estaba Mingos do Val

[p. 6]

amañando algunhos malles
que gardaran do outro brau.
     Tiña xunto d' él un cesto
con tiras de correal,
qu' é de pelexo de cabra.
     Tiña n' o cesto, ademais,
pra casulas é inzadoiros
coiro de cocho e de can,
unha subela, unha villa,
cravos de todal-as cras,
un martelo, unhas tixeiras
muy enferruxadas xa
e, pr' abrandar mais os coiros,
un pouco lardo sin sal,
     Nou tardou en ir chegando
pouco a pouco a mocedá
sin malles, sendo de lonxe,
co-eles s' eran do lugar,
pois tiña moitos amigos
tod' a xente do tio Brais.
por ser sempre moy doída
pra calquer necesidad.
     Como o sol fora subindo
y-escomenzaba a quentar
por mor d' estendel-a aira
de cara á ela algús van.
     Un home súbese á meda
e tira mollos ó chau,
que os outros van estendendo
en ringleiras por igoal,

[p. 7]

hastra que cobren a aira,
y-así que cuberta está
deixana quedar quencendo
mentras que van almorzar.

 



II

 

     Xa n' a mesa pro almorzo botaran
as tazas de caldo,
e por frente das mesmas se foran
os homes sentando,
que a muller xa colleu por costume
comer n' o regazo.
     Unha fonte de pau con cachucha
lacón e mais nardo,
foi correndo d' un n' outro, hastra iren
a carne tallando
e poñendoa n' o pan, que, en cortezos,
lles sirve de prato.
     Desque acaban escollen os homes
os malles pesados,
escollendoos as nenas lixeiros
ou ben menos largos.
E dempois cara a eira camiñan,
xa rindo ou falando,
menos Mingos do Val, qu' ese queda

[p. 8]

sentado n' o bango,
amañando n' os malles qu' estaban
roidos dos ratos,
pois non pode mallar que padece
fai tempo d' un frato.

 



III

 

     Entr' as mozas que mallan n' a eira
non-hay de mais garbo,
que, Carmela, rapaza garrida
de vintedous anos.
a morena d' olliños mais negros,
de dentes mais brancos,
de beizos mais roxos,
de pelo mais largo,
e de corpo mais feito e xeitoso
que pisa no campo,
pol-o qué n' as romaxes a chaman
a fror de Seixalvo.
     Destacaba tamen entr' os homes
qu' estaban mallando
un bô mozo, mais branco qu' os outros
y-aseñoritado.
     El é un xastre qu' en toda a redonda
ten moito traballo,

[p. 9]

e que din qu' as meniñas engaña
por arte do diaño.
     Non hay outro que teña mais gracia
pra ter sempre contos
que veñan ó caso,
nin quen faga vestidos e cuellos,
xustillos e dengues
mais ribiritados.
Anda tras de Carmela de cote,
pro non Ile fai caso,
pois hinchou outras novias que tivo
deixándoas o cabo.
     E por eso lostrèganll' os ollos
ó ver os encantos
pol-os qué se debece fai tempo
sin poder logralos.

 



IV

 

     Hay costume entr' os mozos que mallan,
de veces en cando,
de votar unha folga, en que petan
mais forte n' o grao.
     Uuha vez en qu' a airada xa estaban
cuasque arrematando,

[p. 10]

a Carmela ceibóusell' o pértego
e foi amañalo.
     Tiña a moca do malle Carmela
collida d' un cabo,
pra poder pol-o outro amañala
con menos ira bailo,
cando o xastre chegou engordiño
a xunto d' entrambos,
e facendolle cóxegas a ela
con unhos fiaños
sacudía as orellas a moza
por moscas tomandoos.
     —Está queda Carmela co-a moca. 
Si te moves tanto
fas varear a correa, e non entra
nin dou co furado.»
     Cando oiu o que Mingos decía
botouse a rir Marcos
y ela entonces erguendose apresa,
comprendendo o engaño,
d' un, brinco co!leuno
por baixo dos brazos,
e facendoll' a chambre, lixeira,
tumbouno debaixo
y-asinouno cos dentes n' a frente
facèndoll' un galo.
     E dempóixas erguendose axiña
deixandoo burlado
foi pra aira, e collendo a coañeira
barreu os coaños.

 



[p. 11]

V

 

     Xa se sabe que o pan que se malla
vay por estes pasos:
tenden, mallan, a, airada revolven, 
e volta á mallalo.
En despoisxas espallan y-en feixes
a palla qu' é larga
van amontonando,
qu' ó palleiro algus homes a levan,
namentras qu' en tanto
outros xuntan a palla miuda
con malles y-angazos
y-os coaños axuntan n' un verbo
con secos ramallos.
     Como o sol y o mallar tod' o día
dan moito cansaceo,
entre cada mallada descansan
á sombra deitados,
un pito facendo,
ou rindo, ou ruando.

 



[p. 12]

VI

 

     Ó xentar todos beben o viño 
por un mesmo vaso,
y-a comida rematan con cuncas
de leite mazado.
     Y-as rapazas que poden ós mozos
coller descuidados,
fan saltarlles o leite d' as cuncas
tiràndolles drento
de pan us anacos;
diversión que dá sempre motivo
pra ditos e contos
que mais val calalos.

 



VII

 

     Cando o sol pol a tarde se quere
pousar n' os colados;
cando o vento que s' ergue mainiño
refresca os seus rayos;

[p. 13]

e se ven acaron do terreo
voar os paxaros,
en busca dos niños, 
a noite ventando,
van facendo unha pila n' a eira
co grau que mallaron, 
qu' aventan y-escriban
por mor de limpalo, 
e lévano ó lombo
pr' as huchas, en sacos.

 



VIII

 

     Entramentras os mozos co-as mozas
están rebincando
por alí, pol-a palla miuda,
cal si foran santos.
     Anqu' ó xastre pasoull' a perrencha
de verse asinado
a Carmela meteuse entr' as mozas
qu' estaban cantando,
Y-anque deulle mais voltas que un zorro,
perdeu o traballo,
pois non puido atraer a Carmela
n'  adiantar un palmo.

 



[p. 14]

IX

 

     Cada un foi largando pra casa
dempois que cenaron,
non sin antes n' a porta d' a eira
cantar unhas copras
y-aturuxar largo,
qu' esto indica que salen as xentes
alegres de casa,
contentas d'o amo.
     A Carmela marchouse con outra 
tamen de Seixalvo, 
y-a pouquiño votou detrás d' elas
o prove d' o Marcos
por môr de pillalas
apertando o paso.
     Non tardou en coller á Carmela
con outro falando.
     Era o herdeiro d' Abol. Non valia
siquera dous cartos
pró levabaa con moito agarimo
collida d' o brazo.
     Vendo estonces qu' o tempo perdera
cos seus agasallos,
quixo ver s' o ganaba co-a outra;

[p. 15]

per' os poucos pasos
atópouna en compaña d' un punto
que non era manco
y-acababa de vir do servicio
pois era soldado.
     Aseguran qu' o xastre destonces
seguiu cavilando:
     —"Non-a tendo de meu, os deseos
non se ven calados, 
pra calmar á iluseon, novedades
van sempre buscando
e non quero expoñerme á estas crebas
ni-a mais xiringazos."
     Non tardou moito tempo este xastre 
en verse casado
co-a pormeira muller que quixera
facía algus anos.
     E pasou, que xa tiña seis fillos
moi espabilados,
cando foi a mallar a sua eira
á fror de Seixalvo,
que perdera a color y-a frescura
perdera os encantos
y-astra o olor conque tanto atrouxera 
ós mozos de rango.
     Pra casarse botara mais contas
que ten un rosario;
pero os novios que tivo non paran
que pasan de largo
y-os demais non acuden ó cebo

[p. 16]

nin pode pescalos.
E vendo os meniños
qu' estaban criados
lembronse con pena
d' os tempos d' antano, 
e dixo-Xa vexo, 
que ben vay medrando
a tua cosecha.
     E díxolle Marcos
     —Traballo en bes propeos 
e d' eles reparo.
Estas cousas do tempo e d' as xentes
á malla as comparo:
algús mallan e collen o fruto 
que ven sazonado 
y' outros mallan e mállan, e nada,
non collen un grao.


        21 de Septiembre de 1894.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega