![]() ![]() |
Anaina dos soños |
||
|
|
|
Anaina dos soños
I
¿Como será esa nena
que vive nos nosos soños?
Ela está xa aquí connosco
cos seus risos e os seus xogos.
II
Viña
Mariña
coa súa cestiña
de Carapuchiña
cargada de mel
¡Ven por el!
III
¿Como será a nosa rula?
¿Como será o seu cantar?
¿Onde fará o seu niño?
¿Onde buscará o xantar?
IV
Gardei unha moeda de prata
no fondo do mar
ao mencer atopeina
entre a escuma
e levaba o teu nome
V
É unha fermosa serea
chea de dozura e sol
que apareceu coa marea
e cun aire morno e mol.
A parte II é de Helena Villar Janeiro, 26 de xaneiro de 2005.
A parte IV de María do Cebreiro, 19 de febreiro de 2005.
As partes I, III e V de Lourdes Maceiras, 2 de abril de 2005.
Esta anaina, feita para Mariña, ten música composta por Rosa Mª Parajó Liñares.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |