BVG Atrás |
Na terra desluada |
||
|
[Escolma] |
|
v2ricardomartinezcondenualentitude.html
A pertenza a unha terra asina identidade
como poida facelo a relixión antiga.
Os froitos que alí medran son o alcume
onde aniñan os desexos.
A terra será por sempre a dignidade,
a fe anovada na feitura e o soño.
NA noite espida
comprácense os rumores
que acomodan no ceo.
O escenario da realidade érguese
nunha apariencia de sombra
(alí onde só os amantes ven),
e cando esta se dilúa
terá pasado un río tan livián...
O mesmo que nos leva.
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |