Ausencias pretéritas

 

[Escolma]

 

v2mirovillarausenciaspreteritas.html

A quentura dos libros non conforta,
non enche a sequidade do vacío,
non outona nin dá froito tardío,
non deixa de ser verso en folla morta.

A quentura dos libros nada aporta,
nada con que matar un arrepío,
nada con que escoitar un asubío,
nada con que vencer a unha comporta.

A quentura dos libros é vendaxe,
é gasa, sulfamida, esparadrapo,
é postema que axiña debilita.

A quentura dos libros é miudaxe,
é remendo cosido dun farrapo,
é dor de desamor que non se evita.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega