![]() ![]() |
Cristais rotos |
||
|
[Texto íntegro] |
|
modelo
1. O tolo entrou pola xanela
da mazá, madura de máis
para o pecado.
Non se decatou de que el era o verme
até sentir, brutal, a mordedela.
2.
A freada foi limpa, en seco:
dúas paralelas negras quedaron na estrada
como un cadro de Anleo mal falsificado;
as brancas do paso de peóns parecían xogar
a ocas simetrías.
Alí quedou, inmóbil, coma se o tempo
se tivese xa esfumado.
3.
Cóstalle memorizar os números,
por iso conta unha e outra vez
as ondas das cortinas.
Non é que pense que son o río
da súa adolescencia;
é o medo a non atopar porto de amarre
no tempo que lle quede.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |