Cas redes cheas

 

Escolma

 

v2xmcostacasredescheas.html

ERA UN TEMPO

     Era un tempo de desastres e de orxías,
de beatas temeratas,
de ilumiñados beodos
e de achas semoventes,
era un tempo de toureiros e de olés,
de temores e de aies,
era o noso tempo
de partidas e de azares,
de futbolistas e de imperios,
vivíase nun silencio de séculos,
nun marmurio calado
con fúnebres estampas bermellas
nas soleosas beiras da estrada,
era o tempo da cópula entre o verbo e a palabra,
imperial orgasmo homosexual,
ti tirías un xesto secular de «niña pija»,
era un tempo de promesas e de xugos
que nos salferíu a todos
e dende aquela levamos a marca,
a nosa querida e coétanea compañeira,
nun andar zigzagueante,
libidinoso, ultra e cavernario
que ollamos de lonxe e de cerca
coma un largacío luar que nos distera.





TIÑAS VAOS SABORES

     Tiñas vaos sabores,
estabas limpa de sensaciós,
virxen de estaciós e melanconías
e non pasaba por ti coma xeada
o lusco e fusco bruno,
a redondez tépeda do cálido,
pisabas o chan,
cheo de homes afotos,
con seguranza, lizgaira e certeira,
e confundíase a túa mirada cos meus ollos,
foi a vendima frugal dunha escura emposta
pechándolle o paso aos rastrollos.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega