![]() ![]() |
Corazón ao vento |
||
|
Corazón de xoellos. Escolma. |
|
m1iglesiaalvarinocorazon.html CRUCEIRO ALDEÁN
Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
chantèi, piadosamènte, unha cruciña tosca,
no xabre dos meus pòbres pensamèntos.
E fun vertendo o òleo perfumado da i-alma
na cunquiña de barro destas ermas palabras
para alumar, de noite, o seu silèncio...
A lua campesiña veu pousar onde a cruz
-cansada do camiño- o seu feixe de luz...
E reza mui baixiño, mui baixiño...
...Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
abre Xesús os brazos, cheios de paz, na fonda
señardade calada dos camiños...
1930
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |