Compostela, vella memoria

 

[Escolma]

 

v2ricardomartinezcondecompostela.html

Lúa chea. As fiestras da clerecía
xa están afeitas á luz maina,
acollera
na súa amplitude.

Todo crece como o ar mariño
que ha vir axiña a se pousar
nas reixas e na sombra.

O camiñante sente
con rememoración e gratidude;
acepta as teimas pasadas.
Elas tamén contribuíron
a esta filosofía, ó de vagar
que é vivos adentros
na noite soa.





O silencio de Compostela non ten fin:
é unha das súas eternidades. O silencio
sempre espera ó camiñante un pouco máis
aló: no mar, na noite espida.
Aquí é a vida da soidade máis pura.
"Non ha barqueiro
nin remador"
zoa a cantiga mentres confiamos
no milagre, adoitos a vagar
na procura dese faro que alumee
o sorriso, que confirme a nosa gratitude
ó chegar o sosego, inda algo incerto.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega