![]() ![]() |
Do Courel a Compostela: 1956-86 |
||
|
Escolma. Pranto polo Ché. Elexía instantania a Ernesto Guevara |
|
m1unovoneyradocourel001.html AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!
Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros paxariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.
Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorza ó decorrer polo pranto baixiño.
E nin inda agora nin para ti teño outra voz.
10 noite
10/10/67
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |