Lento esvaece o tempo

 

[Escolma]

 

v2ricardomartinezcondelentoesvaeceotempo.html



A rocha que mira a occidente foi a referencia
daqueles que non quixeron agardar máis.
Cheos de dura vontade alonxáronse
fundindo risco e beleza difícil de describir.

Agora ferirá o mar os ollos dos que esperan
e non voltarán
ata que un día, na unidade que constitúe
o dominio do tempo,
cruzarán de novo o mar familiar.

¿Non é voltar o signo de todo aquel
nacido de muller?










En momentos valeiros
o que desexamos é o coñecemento da orixe,
aquel que nos puxo preto dos nomes.
Antergas preguntas que non despexaron os primeiros
deuses.
¿Lamentación?

A illa desoe a forza do mar.
Alí, na lentitude da rocha,
é onde o entendemento desexaría un criterio,
unha convicción do que a illa suxire.

Pasan, altos, paxaros sen nome.








































































 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega