Miña joya

 

 

m3avalladaresjoya.html

Joiña d' España, adorada Galicia,
Verjel d'os encantos d'os puros amores
Espèrta, qu' o tempo chegou d' a justicia
E á portas alleas non pides favores.

Ja a loucomotora de gozo asubía
Tèu chán pintoresco garbosa ô cruzar,
Ond' as laberquiñas de noite e de dia
A alma enajenan con doce cantar.

Espèrta, na prenda, prendiña arrequèce,
Que loito d' abondo trougueche abatida
E en carro dourado risona se mèce
Alá n' o hourizonte j' aurora de vida.

Espèrta, non coiden que dòrmes decòte
 Os que te chamaron de parvos mansion
Parviños son eles e afellas qu' o mòte
Merecen en pago d' ínjusto baldon.

¿lñoran, acaso, qu' aqui n' o téu sèo
En armas e en letras criouse o millor?
¿Mariños agudos, chuvidos d' o cèo
Qu' en crimas leijanos t'hencheron d' honor?

¿Gentís escolares, d'eterna memoria
 Qu'as aulas deijando, colleron o aceiro
 E, emberbes ainda, libraron con gloria
 nài cariñosa d' o jugo extranjeiro?

¿lñoran tès nenas de corpo esbeltiño,
De fàlas azèlmas, mirar feitizoso;
Branquiñas cal nève de pelo rojiño
Morenas que dicen donaire è o noso?

¿Erjidos sin conto en qu'o gusto se pèrde;
Fontèlas rujindo n' os bosques, n' os soutos;
Argentes regueiros, d'o monte entr' o verde,
Saltando espumosos erguidos petoutos?

¿Pobiños roales en todo paraje,
D' o mar n' beiriña cèn vilas rayosas
Qu' afeitas á oir brüa-l-o oleaje,
N' as prayas se dòrmen en leito de rosas?

Espèrta, Galicia. ¿Non ves, n'arreparas
 Que ja velosmente traspasan fronteiras
Ilustres heraldos traguendo albízàras
Que ledas ch' envian nacions forasteiras?

¡Ai! Sinto n'a alma non sei qu' alegria,
Non sei qu'adiviño de tèu esprendor,
Pois sin remedia-l-o, de noite e de dia
Contigo soñando estou, meu amor.

Si, que me doeron e doen de vèras
Os tristes laìdos d' a tüa opresion;
Mais cala, ruliña, que, tras penas fèras
Víslümase á hora d'a reparacion.

Espèrta e d'os ollos enjuga as bagoíñas
 Con que desfogabas teu negro pesar,
Chorando decòte, chorando, á soiliñas,
Sin trègoas chorando d' a alba ô lüar.

Nomais ja d' opròbeo, nomais de tristura
De màgoas pasadas non fagas lembranza
E teus recunchiños de grata verdura
Alegres sauden ô sol d' a bonanza.

Arríscate ajiña, sacude os hombreiros
Desata as auguiñas qu' encerran virtú,
E en fatos á èlas acudan viajeiros
Pr'o corpo e pr'a alma buscando salú.

Maníficos tempros Dios inda en ti conta.
¿Á que nomeàlos ahora eu á qué,
Se lonje, á moi lonje por sòrte remonta
A sona d'a tüa católica fé?

Correndo correndo, cal làstregos, veñas
De gente acrutado-l-os trèns â porfia:
Tèu chán adimiren os que te desdeñan
E pensan aïnda qu' ès terra baldia.

Joiña d' España adorada Galicia,
Verjel d' os encantos d' os puros amores,
Espèrta, qu' o tempo chegou d' á justicia
E á pòrtas alleas non pides favores.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega