![]() ![]() |
Necrose |
||
|
[Escolma] |
|
v9carlosnegronecrose NOTAS PREVIAS A UNHA NOVELA-RÍO
O tempo da historia abrangue tres xeracións.
O tema:
a desposesión violenta dos nomes da terra,
o cambio de valor das propiedades rústicas
-do cultivo de millo á especulación urbanística-.A trama:
a disgregación da tribo en células unifamiliares,
en parellas de extrarradio que asinan hipotecas
a máis longo prazo ca os compromisos de amor.O estilo:
unha sucesión fragmentaria de impactos visuais,
unha ruptura cos recursos do real marabilloso,
pois as trabes de ouro xa non sosteñen a historia.Un título hipotético: Cidade dormitorio.
ÚLCERA TEXTUAL
As análises constatan a evidencia dos feitos:
escribo desde os restos dunha cosmovisión agraria.Por iso o texto se me contaxia de materia orgánica,
levanta acta de palabras encistadas nas entrañas.Mais o poema non quere ser arqueoloxía saudosa,
tampouco pretende unha. semántica da melancolía.Trátase, máis ben, de acotar os perímetros da ausencia,
de indicar o punto exacto onde a perda gangrena a memoria.-Xusto nos íntimos tecidos onde avanza a necrose,
nos territorios infectados pola desposesiónCito: lévedo coallo bosta zorza farelo trigo...
(palabras que portan un virus retroactivo)Diagnóstico: unha úlcera cultural que me desangra.
PORCA TERRA
Mentres a vida acontece,
-co repertorio de ausencias
que o tempo administra-
este poema acolle
un esquema de novela
-unha saga familiar-
sobre como unha estirpe
de raíces labregas
deriva socialmente
da leira minifundista
ao chalet adosado,
da horta das nabizas
ao xardín con barbacoa.Mentres a vida acontece,
-e constata a ruína
da memoria tribal-
este poema escolle
unha actitude distante
como forma de estilo:
pois a emotividade,
-a carraxe pola perda
das raíces profundas-
non debe perturbar
a trama de sucesos
que converte o texto
en espello de derrota.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |