![]() ![]() |
"Para ti gacela lixeira..." |
||
|
(Texto íntegro) |
|
v2lucianovasparatigacelalixeira.html
Para ti gacela lixeira
nun tempo
de herbas
e auga
(puzas perdidas).
Para ti unha gata elegante e fina
(pescozo delicado, ondas que
engalanan,
obsidiana no pulso).
Para ti un cisne (nádegas de loto,
bambús nas pernas, seos
exquisitos).
Para ti unha ave que voa silenciosa
(madresilva moura).
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |