![]() ![]() |
Onte e hoxe vivencial |
||
|
O muíño da Fervedoira |
|
v2estibalizespinosapoemasdeundous.html
Esquecido no fondo dunha rega,
esborrállase o muíño fariñeiro
tradado pola couza no farneiro,
na buxa, na peneira, na moega.Xa non se lembra da última fanega
de molaxe trocada en pan albeiro,
nin a frescura sente do regueiro
que á súa beira rápido escorrega.Non deixa a mesta fraga ve-lo ceo
nin o solpor nin a brillante aurora
e, por veces, ecoa un longo ouveo.O seu monótono treinar, noutrora,
invitaba a ruar e ó parrafeo
¡Que só e abandonado fica agora!
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |