BVG Atrás |
Os Eidos |
||
|
Escolma. Novas verbas de door |
|
v1novoneyraoseidos001.html PECHOUSE a noite riba do ucedo
i eu non vin einda a cor da miña amiga.
Agora é cando ún treme e ten medo.
/
ISTE desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!
Iste querer irse sin saber para onde!
/
AGORA o meu cor é unha chaga encendida.
Unha mao loba anda escalazándome a ferida.
/
ESTA door que se oi!
Iste cor meu!
Esta door que me veo ela de seu
Sin saber polo que foi!
/
FOI coma se caira nunha cova.
Antes era noite i era día
Agora é todo unha negrura loba.
1953
|
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |