![]() ![]() |
O silencio das árbores |
||
|
[Escolma] |
|
n2ricardomartinezcondeosilenciodasarbores.html
Aquí, onde chega o sol
logo de deslinda-los muros de pedra,
advírtese tamén a espesura do mundo,
o seu mecanismo indiferente e terco.
Agora é outono iluminado, limpo,
mais, vede, a crúa vergoña permanece:
a roupa no tendal,
a flor sen nome na fiestra da veciña,
a imborrable conciencia.
Os outros, os demais,
distribúen na rúa sorrisos a cotío,
sen taxa.
É un engano doce,
unha contribución á pervivencia
da melancolía.
Non estou só.
(Cada día confío na convicción,
como fai o río no outono,
de acadar unha vinculación,
unha identidade).
¿Non é esperar,
tal como fan os froitos,
onde reside todo?
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |