O teatro galego i-o teatro portugués

 

(Texto íntegro)

 

m2rdiesteteatrogalegoioportugues.html

     Sentímonos d'acordo con Correa Calderón. Antrementres non haxa un teatro galego que, pol-o menos, non nos desprestixie, é mellor, moito mellor, que se traduzan ó galego e se poñan en escea as obras estranxeiras que o merezan e mellor interpreten o noso esprito. Cando propuxemos que en homenaxe a Rusiñol se traduxera unha obra súa ó galego e se representara, levábamos, endemais da mira devandita, a de faguer isa esperencia literaria que Correa Calderón defende. Xa estamos ouvindo a certa xente que, tendo tan pouco feito pol-o noso, deseguida se enfurruña en canto se fala de traguel-o alleo. Xa sabemos que nos han de chamar "desleigados i-alleeiros" todol-os que remexendo no esprito popular non souberon lurpar mais que o prebeyo. Por iso ó pobo non remata de lle eisaltar ise arte que non-o dinifica.
     De ningún xeito pra contradecil-a idea de Correa-Calderón, e sí soio pra compretala, temos de engadil-o seguinte: en portugués eisiste unha producción dramática d'abondo intensa pra que poidamos faguer n'ela unha boa escolma. O teatro portugués ten pra nos a ventaxa de que non é mester traducilo. Abonda que os actores, ó adeprenderen os papés, fagan os troques de pronunciación que sexan mester. Si algunhas sustitucións conveñen, han de ser poucas, e non fai falla traductor que as faga. Os actores poden faguel-as pol-a sua conta.
     A cousa é tan doada que temol-a seguranza de que, de querelo algúns rapaces, deseguida estaría feita.
     E xa que a ocasión e boa faremos ós libreiros galegos o prego de que traian e poñan á venda libros portugueses, cuia escasedá en Galicia é unha vergonza.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega