![]() ![]() |
Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero |
||
|
Non é amor |
|
v2martadacostaaprincesa.html Pobre Ofelia
cristalizada estás no sangue da loucura
e gardas baixo as unllas a carne do covarde,
como un berro atroz que nos convoca.
Os teus ósos,
espadas de cristal
contra a fame caníval
de posuírnos,
de beber a nosa alma,
zugarnos a vontade,
dobregarnos ao río do delirio.
Ofelia,
pequena Ofelia
non se sacia a sede do covarde.
Autoría de Marta Dacosta
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |