Poesías galegas. Égloga de Belmiro e Benigno. A Alborada.

 

"A Alborada". (Texto íntegro)

 

m2nicomedespastordiazalborada.html

        A Alborada.
              ====

   ¡Ay miña pequeniña!
¡Qu'ollos bonitos tés! ¡Que brilladores!
¡Case salta á alma miña,
E vendo os teus colores,
Ver me parece todos os amores!

   Agora qu'a alborada
Os dulces paxariños xa cantaron,
E da fresca orballada,
N'as perlas os ramiños se pintaron,
Agora ¡qué diviños
Brillarán os teus ollos cristaliños!

   ¡Ay! Asoma esas luces,
Asoma á esa ventana, miña hermosa;
Tí que sempre reluces
Con elas máis lustrosa
Qu'á luna cando nace silenciosa.

   Verásme aquí cantando,
Xunto estas augas craras, estas penhas,
Verásme aquí agardando
Que se rompan as lúgubres cadenas
D'a noite que m'aparta
De quén nunca á alma miña se véu farta.

   Mírame, sí, querida,
Cando d'o blando sono te levantes,
Máis fresca, é máis garrida
Qu'estas frores fragantes,
Qu'a espuma d'estas ondas resonantes.

   ¿E ainda non parecen
Eses olliños teus? ¿Dormes, rosiña?
¿Dormes, é resplandecen
Os campanarios altos d'a mariña?
¿Ainda non oíche
Aquela dulce voz que m'aprendiche?

   ¿Déixasme qu'aquí solo
A as áugas lles dirixa os meus acentos,
E non vés a-o meu colo
Fartarme de contentos,
E amante aproveitar estes momentos?

   Des'aquí vexo os mares
Serenos, extenderse alá no ceo;
Oio d'aquí os cantares
D'a pillara fugáz, d'o merlo feo;
Pero o teu seno lindo
Non o vexo, meu bén, qu'estás durmindo.

   Xa se foi o luceiro;
Desperta d'esa cama, miña rosa;
Desperta, é ven primeiro
Abrir á venturosa
Ventana d'o teu carto: ven, graciosa.

   Sal como sempre sales
Máis diviña qu'á diosa de Citera
Salindo dos cristales,
Máis galana qu'á leda primavera
Esparcindo rosales;
Venus pra min, amante,
Primavera, mañan é fror fragante.

   Xa te vexo salindo
Mirarme, é retirarte avergonzada,
¿E de quén vás fuxindo,
Tontiña arrebatada?
¿D'o teu amor que canta n'a enramada?

   Non fuxas, non, querida;
Ven aquí: baixa á escala sin temores:
Esa frente garrida
A miña man á cubrirá de frores;
Xa as teño aquí xuntiñas;
¡Qué venturosas son! ¡Qué bonitiñas!

   Ven despeinada aïnda
Darme ó primeiro abrazo, darm'a vida...
¡Canto es así máis linda!
Ven qu'a mañán frorida
Sólo pr'os que se queren foi nacida.

    Non, non, durme, descansa,
Naide turbe ó reposo d'o teu peito:
Plácida quietud mansa
Sin cesar vele ó teu hermoso leito:
Durme, que non tés penas,
E acaso en mín soñando te enaxenas.

   Reposen os teus ollos,
Eses ollos diviños, venenosos:
Tamén finos cogollos
N'os rosales pomposos
Agardan por abrirse recelosos.

   Si, miña prenda amante:
Eu cantarei aquí mentras que dormes.
¡Ay, qu'o Landro brillante
Non é dourado Taxo; nin ó Tormes
Alinda ó meu retiro!
Durme, si, durme, mentras qu'eu suspiro.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega