Saudade no bulleiro

 

Vestida de aldraxe

 

v2martadacostaaprincesa.html

 

   Vestida de aldraxe e mouras cubizas,
de inxusticia arreo e eternas perguizas,
preñada de roubos, chea de ruindade,
afógame a bosta desta sociedade.

   Os sete pecados a mallar nos servos,
alancan de cote fonchos e soberbos
e trunfa a luxuria e medra o ladrón
e campa o usureiro e vive o lambón.

   Prós nosos meniños agroman, coitados,
futuros de bágoas con fel mesturados:
Ni'escolas ni'industrias, nin cencia ni'abeiro...
Un corgo lles queda: Fuxir ó estranxeiro!

   E aínda hai poetas que cantan as frores
e falan de meles e ensoñan amores
e alaudan e gaban e baten as maos
e din, a porfía, que somos irmaos

 

 

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega