Sei perfectamente que todo está aquí

 

(Texto íntegro)

 

v1yolandacastañosei.html

Sei perfectamente que todo está aquí. Como unha sorte de pálpitos que se entrega
á miña man antes das horas.      Unha condea que mece os meus insomnios.
Nada ocurriu antes das horas. Eu non levaba barcos. Escribiamos cara adiante cando
se nos caeron as túnicas, e ficamos así, maquillados de rosa, coa boca mollada e os
pés abertos, co magnífico libro das venturas agochado na vulva.

Moito deixarse a pel pero eu non quixen aprender a chegar. Xardín exíguo, vento
pechado de mans, infinita cuadrícula. Renuncio ó lugar do alento.      Quero
aprender a saír.

 

 

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega