![]() ![]() |
Sen remite |
||
|
(Texto íntegro) |
|
v1emmacouceirosenremite.html
Así foi o principio do día. Mesta coma esta praga de nomes incribles; por exemplo, a min, dicíanme damea, a escrava, a única tormenta; e a ti, un nome recortado sen sentido. Así foi o principio do día. E non sei por qué che conto isto, pero estou segura de que ti xa esgotaches unha vez máis a túa lingua estraña de estrañas, e estráñasme tanto porque aínda son quen de botalas a perder e tirarlles o creto sen pensarte sequera (sequera estas liñas / ou estas mesmas esposas) Polo demais, xa tiña escrito isto antes de que marchases, sabía ben como dirixirme a ti a pesar das izadas, destas rúas que suben e baixan e ás veces tamén comigo (comigo, que perdín a memoria porque nunca aprendín a negarte).
Así foi o principio do día. Limpei as palabras para que se fosen, e xa só esta inimiga que apenas alenta, esta mesma inimiga que algunha vez pedirá por min
Abandono esta lingua imperdoable agora que entendo que tampouco era miña. A miña lingua sabería volver.
(E vai mediado o inverno, apenas chove este ano, no mes que entra cumpro os vintecinco)
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |