![]() ![]() |
Unha poesía para unha celebración de defuntos |
||
|
(Texto íntegro) |
|
v2lourdesmaceirascelebraciondefuntos.html
Unha canción, unha oración,
para os que seguen vivos
polo amor.
Porque teñen loitado
e unha loita non morre,
que é semente de vida
que os que quedan recollen.
Porque abriron camiños
nas pedras e no lodo,
e as feridas das súas mans
están no noso recordo.
Porque prenderon candiles
que non deixamos apagar,
alumean as nosas vidas,
viven no noso cantar.
Porque eles amaron
e, ó mellor, non os deixaron amar,
pode que por isto morreran
e así connosco están.
Porque imos polo mundo
percurando a verdade,
berrando xusticia e paz,
e loitando pola irmandade.
E os que non nos deixan VIVIR
non saben
que o Amor non morre,
que temos Esperanza leda,
que cremos na túa Resurrección,
e que a MORTE tamén é VIDA.
Por isto nós adicamos
unha canción, unha oración,
para os que seguen vivos
polo amor.
Compostela, 2 - xullo - 1976
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |