![]() ![]() |
Lobo e pedra |
||
|
(Texto íntegro) |
|
v2gonzalonavazaloboepedra.html Abre paso
entre os corpos
dos danzantes
a sombra sixilosa
do lobo multiforme.
Arrepío
no espiñazo das árbores
ventando a morte.
Igual ca un desafío,
contra o lobo levanto
a voz onde porfío
o meu son a soar.
Por máis que todo canto canto canto
se esfarele no ar.
|
|
|
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |